CRTVG

Buscar

Preocupa o avance da variante india da covid, máis contaxiosa

Publicado o 14/06/2021 14:49

É a última versión do coronavirus. A variante india, tamén coñecida como delta, xa está en España. De feito, Madrid alerta da súa "transmisión comunitaria" e prevé que será maioritaria en cuestión de semanas. 

"Unha variante que ten dúas mutacións, unha que a fai máis contaxiosa, máis agresiva, en termos de contaxios, e tamén outra mutación que a fai máis proclive a eludir o efecto das vacinas", explica o epidemiólogo e exdirectivo da OMS Daniel López Acuña.

De ser así, polo momento non se coñece en que porcentaxe perdería eficacia a vacina fronte a esta variante. Os estudos preliminares tampouco confirman se a india é unha cepa máis letal ou se provoca síntomas máis graves. Incertezas ante as que, segundo os expertos, cómpre actuar. 

Quique Bassat, pediatra e epidemiólogo, di que é recomendable axilizar a vacinación e adiantar a segunde dose dos maiores de 60 vacinados con AstraZeneca. A vacinación global, en todos os países, e a prudencia individual son tamén claves, din, para abrazar a normalidade o antes posible.

Noticias web

14/06/2021