CRTVG

Buscar

O brote detectado no concello lugués do Saviñao xa se estende ao de Paradela

Publicado o 26/07/2020 19:46

• Son 15 casos confirmados, pero hai veciños pendentes das probas PCR realizadas | Ningún dos afectados necesitou hospitalización e están illados nas súas casas 

Terceiro día en que aumentan os casos en Galicia, ata 217 positivos

Aumenta o número de afectados polo brote de covid-19 orixinado no Saviñao. Á espera de coñecer o resultado das últimas probas, xa son quince os casos positivos. 

O foco principiou nunha festa de aniversario e vén de fóra. Un dos asistentes nos días posteriores presentou síntomas e comezaron a facerse as probas. Algúns dos afectados son do concello veciño de Paradela, e están xa a rastrexarse os contactos que mantiveron. 

Os afectados non están hospitalizados, pero tanto eles como os seus contactos están illados na casa.  Con todo, os veciños están preocupados. Para evitar novos contaxios no Saviñao decidiron suspender a feira dominical en Currelos, pechar as piscinas e redobrar a desinfección na zona afectada.