Preocupa o baleirado dos encoros polas eléctricas que xa investiga o goberno
O nivel da auga no encoro de Belesar segue baixando, con 195 hectómetros cúbicos, esta tarde non acada nin o 30 por cento da súa capacidade total.
A veciñanza e os turistas están afeitos a que a baixada da auga deixe á luz o Castro de Candaz e a anegada aldea de Portomarín pero non en agosto, no de 2020 tiña máis do dobre de auga.
Pero este ano a seca non é a causa. O Ministerio para a Transición Ecolóxica abriu un expediente informativo para determinar se as eléctricas excederon os límites de baleirado para turbinación que lle están permitido neste encoro, no de Salas, nas Portas e Cenza.
Preocupa tamén que o baleirado de encoros nestas datas dificulte a carga dos hidroavións en caso de incendios forestais.
Dende a Xunta tamén falan dunha situación dos encoros preocupante e vixían posibles danos na biodiversidade.