Preocupa a saturación das UCI en Portugal, a piques de chegar ao 70% de ocupación
Publicado o 20/10/2020 15:29
En Portugal a saturación das UCI é o que máis preocupa. Están a piques de chegar ao 70% de ocupación.
O país está case na media europea de camas UCI, ten 7 por cada 100.000 habitantes, pero dende o Goberno luso din que poden habilitar un 40% máis en caso de necesidade, algunhas delas no hospital Santo António do centro do Porto.
As zonas máis afectadas por esta segunda vaga son Lisboa e a rexión norte.
O aumento de casos nos concellos da fronteira con Galicia non preocupan especialmente, pero si están tendo unha incidencia máis alta desta vez.
Nunha entrevista en televisión, o primeiro ministro, António Costa, dixo que a situación é grave. Non pensan nun confinamento total, pero non descartan activar o estado de alarma en breve.