Prenden catro mulleres que roubaban en Lugo acompañadas de varios menores
Publicado o 27/08/2020 12:27

En Lugo, detiveron catro mulleres na allada. No momento do roubo ían acompañadas por varios menores. Estaban a roubar material informático e ferramentas nunha empresa do polígono do Ceao. Para acceder ás instalacións cortaron o arame do valado da propiedade. No exterior tiñan unha furgoneta onde ían cargando todo o que roubaban.