Premio para o proxecto 'e-consulta, que dirixe o cardiólogo González Juanatey
Publicado o 08/10/2021 14:17
A prestixiosa fundación Signo recoñeceu en Madrid o proxecto 'e-consulta', que dirixe o xefe de Cardioloxía do Hospital Clínico de Santiago, José Ramón González Juanatey.
Os premios están destinados a proxectos considerados inéditos ou innovadores e que supoñan unha mellora substancial na xestión da saúde.
O doutor González Juanatey subliñou a importancia deste programa de consulta electrónica que reduce a espera, as hospitalizacións e a mortalidade dos doentes de corazón.