Premio de honra Marisa Soto para a Mostra de Teatro Cómico de Cangas
Publicado o 11/06/2021 17:55
A Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas acaba de ser distinguida co premio de honra Marisa Soto, que se entregará na próxima edición dos premios María Casares.
A asociacion de actores e actrices de Galicia recoñece, deste xeito, a importancia da mostra de Cangas para o sector escénico galego.
O festival leva celebrándose no Morrazo desde o ano 1984 e chegará este mes de xullo á súa edición número 38.