CRTVG

Buscar

Premio aos palangreiros da Guarda pola pesca sostible do peixe espada

Publicado o 28/07/2020 16:45

En empanada, nunha receita tradicional, ou dun xeito máis innovador, en sushi, o peixe espada pode dar moito xogo na cociña, botándolle imaxinación e algo de técnica, claro.

Os palangreiros da Guarda levan décadas pescando este peixe azul e dende hai uns poucos anos, son pioneiros, comercializan conservas deste produto. E non só iso, a súa última innovación son as hamburguesas.

Precisamente pola diferenciación dos seus produtos e por pescar de xeito sostible, os palangreiros da Guarda acaban de gañar o premio Alimentos de España, a máis alta distincion do Goberno neste ámbito. Un recoñecemento a unha actividade da que viven, con orgullo, moitas familias da Guarda.

Noticias web

28/07/2020