CRTVG

Buscar

Premian o traballo da Business Factory Auto polos logros na mellora do sector

Publicado o 05/05/2021 16:01

Os premios nacionais de mobilidade recoñecen a contribución da Business Factory Auto á mellora da competitividade da industria da automoción en Galicia.

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación recolleu o galardón en Madrid. Francisco Conde fixo extensivo o premio a todas as entidades que colaboran coa Xunta nesta iniciativa: a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), Groupe PSA e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Segundo dixo, é un exemplo da colaboración entre as grandes e as pequenas e medianas empresas do sector. Ao abeiro desta iniciativa creáronse 53 novas empresas, 450 postos de traballo e unha facturación de 80 millóns de euros.