CRTVG

Buscar

Precipitacións de 45 litros por metro cadrado en tres horas en Oviedo

Publicado o 17/06/2021 08:25
Precipitacións de 45 litros por metro cadrado en tres horas en Oviedo

A tromba de auga que caeu este mércores pola tarde en Oviedo causou danos considerables. Anegouse unha planta do Hospital Central de Asturias e rebentou un colector situado nunha das rúas que rodea o pazo dos deportes. A chuvia intensa inundou locais e garaxes en moitas zonas da cidade. A Axencia Estatal de Meteoroloxía alertara das treboadas, e as previsións cumpríronse: ata as sete da tarde Oviedo foi a cidade española en que máis choveu: 45 litros por metro cadrado entre as catro e as sete da tarde.

Noticias web

17/06/2021