CRTVG

Buscar

Precintados dous depósitos de gasóleo en Ordes e Cerceda

Publicado o 31/08/2021 12:40
Precintados dous depósitos de gasóleo en Ordes e Cerceda

A Garda Civil precintou dous depósitos de gasóleo B, en Cerceda e Ordes, por uso ilegal do combustible. Tras un control rutineiro, a Garda Civil descubriu dous vehículos de empresas distintas que empregan gasóleo B, polo que solicitou a autorización para inspeccionar as sedes de ambas as dúas empresas. A inspección atopou dous depósitos de gasóleo B de mil e dous mil litros. O combustible era empregado por un total de seis vehículos, que foron sancionados.

Noticias web

31/08/2021