Novas regras para estar na praia nas Rías Baixas este verán
Moitos dos habitantes das Rías Baixas entenden as restricións ás zonas de praias, nun ano coma este. En Cangas a partir do un de xuño o acceso rodado ás praias será só para os que teñan vivenda nos lugares. Seguirá habendo leiraparcadoiros e o acceso á praia a pé ou aos establecementos hostaleiros estará permitido. Deste xeito Cangas remata temporalmente co problema de saturación de tráfico que tiña as fins de semana de verán no accesos aos areais.
Os residentes de Cangas e os que teñen casas aquí consideran as medidas axeitadas. Non haberá inicialmente limitación horaria para estar nos areais.
En Vigo o control comezará a mediados de xuño; entre Samil e O Vao só poderán estar 15.000 persoas. Tampouco hai límite temporal. Tamén se farán cuadrículas no piñeiral e controlarase o nivel de ocupación. Se cadra, o máis polémico será a eliminación das famosas mesas de Samil nas que hai familias que pasaban a xornada enteira.
O máis cuestionado por moitos é que non se controle o tempo que cadaquén bota na praia para que haxa rotación de persoas. Algunhas destas medidas fan máis difícil que persoas foráneas pasen unha xornada na praia polas limitacións ao parque móbil.