Praias e terrazas cheas no Levante e hoteis abertos para os turistas na primeira fin de semana sen estado de alarma
Xa se escoitan acentos estranxeiros polas praias e as terrazas do Levante e a estampa desta fin de semana é máis propia dun domingo de verán.
"Disfrutando de dar un paseíño por Altea, baixar a Benidorm, cear algo tomar unha copa e marchar para a casa tranquilamente. Acábannos de desconfinar, hai que dar grazas de que esteamos coa posibilidade de sentarnos nunha terraza a tomar algo. Non nos lamentemos, que estamos bastante ben para como podiamos estar."
Amodiño pero con ansias de viaxar xa coas vacinas postas. Así chegaban tamén a Benidorm este grupo de xubilados despois de cinco horas de autobús e sen queixa.
"Desexosa, como os nenos no recreo." Di unha anciá.
"A verdade é que a xente vén con moita ilusión e con gañas desa terceira vacina que é o sol e praia"
Tanta era a gana de praia que en Mallorca ao mediodía tiveron que pechar tres areais porque xa chegaran ao límite da súa capacidade.
Desta hora toca volver, sen o apuro do toque de queda, pero revivindo a outra estampa da normalidade dos domingos na entrada das grandes cidades.