CRTVG

Buscar

Praias e piscinas ateigadas no Reino Unido pola chegada do bo tempo

Publicado o 01/06/2021 12:29
Praias e piscinas ateigadas no Reino Unido pola chegada do bo tempo

As temperaturas estivais que se rexistran no Reino Unido fixeron que milleiros de persoas ateigaran praias, ríos e piscinas. Poucos se resistiron a gozar do regreso do bo tempo despois de varias semanas de chuvia.

Aínda quedan tres semanas para o levantamento completo das restricións impostas pola pandemia, pero o avance da variante india podería complicar as previsións do Goberno de volver a unha certa normalidade a partir do próximo 21 de xuño.

Noticias web

01/06/2021