Abarrote nas praias das Rías Baixas na busca de mitigar a calor deste domingo
Praias cheas e pocos ocos nos areais e a estampa que nos deixa este día de sol e calor nas Rías Baixas. Praias completamente ateigadas. Non só esta de Samil, tamén as de Nigrán, coma é o caso de praia América, con similar estampa.
Os turistas que chegan de fóra non só agradecen este día de praia, tamén a temperatura. Hoxe aquí as máximas chegaron a rondar os trinta graos.
Os máis previsores, madrugaron e moito, para poder desfrutar dos areais sen aglomeracións. Pero nun día de praia coma este domingo, tamén atopamos os que buscan a sombra ao carón do mar. Fano para refrescarse pero tamén porque están ateigadas de bañistas.
Os que deciden marchar fano ben cargados. Os que prefiren pasear, desfrutan do sol cun bo refrixerio. E os que queren aproveitar ata a última raiola de sol, desfrutan, tanto na auga coma na area, deste agardado verán.