Prado foi o segundo en Sardeña e Herlings é o novo líder
Esta imaxe de Herlings dobrando o ata hoxe líder Tim Gajser é un dos momentos do mundial. A clasificación viviu un cataclismo coas molestias físicas do esloveno, operado esta semana dunha clavícula. Só puido ser decimonoveno e oitavo. Beneficiáronse todos, sobre todo Herlings, que fixo dobrete e logrou o seu terceiro gran premio consecutivo.
Na primeira volta arrasou. Na segunda, protagonizou unha fermosísima loita con Jorge Prado. O lucense fixo a mellor saída e aguantou durante máis de 20 minutos as tentativas do seu rival. Unha e outra vez, Herlings atopou un muro que conseguiu derrubar nesta acción, con agresividade, obrigando a Prado a reducir velocidade para evitar o impacto. Herlings foise cara á vitoria e o galego fixo un dobrete de segundos postos. Recupera unha chea de puntos na clasificación xeral.
Un só punto marca a diferenza entre Herlings e Gajser. O francés Febvre está a catro puntos. Prado afrontou esta proba a 40 puntos do primeiro e sae de Sardeña a só 12. Quedan aínda oito probas para o final, e a referenecia, agora si, será esta moto, a 84, a de Jeffrey Herlings.