CRTVG

Buscar

Prado logra o segundo posto en Madrid

Publicado o 17/10/2021 18:53

Había dúbidas do estado físico de Jorge Prado, pero demostrou no Gran Premio de España que recuperou prestacións. 

Xa nos adestramentos apuntaba cun cuarto posto e na primeira rolda demostrou a súa asombrosa recuperación. Fixo o holeshot e conseguiu estar á fronte da carreira durante 17 minutos. Logo chegou Febvre, que conseguiu adiantalo para facerse con esa primeira carreira. Gajser apurou ao piloto lucense pero cometeu un erro nas últimas voltas, algo que lle permitiu a Prado consolidar o segundo posto. 

Na segunda rolda, Prado repetiu co holeshot e co  paso dos minutos viuse superado por Herlings primeiro e por Gajser despois. O piloto lucense mantivo unha bonita loita co seu compañeiro Cairoli e conseguiu manter o terceiro posto.

Foi o segundo na clasificación dun grande premio que gañou Jeffrey Herlings, que amplía a súa vantaxe á fronte do Mundial.

Noticias web

17/10/2021