CRTVG

Buscar

Prado acaba de quinto nun GP de Italia que liderou durante moitas voltas

Publicado o 06/09/2020 18:16

O Gran Premio de Italia deixounos o Jorge Prado máis ambicioso e ofensivo da temporada. Asumiu nas dúas carreiras o peso da proba en que foi como líder ata os últimos xiros. Pero o aspecto físico resultou decisivo, e no treito final Prado pagou esa desvantaxe con relación aos seus rivais.

Na primeira carreira viu como Herlings o superaba, e cando acariñaba o segundo posto sufriu unha caída a cinco curvas do final que o relegou ata a cuarta posición. A segunda carreira tivo o mesmo guión, con Prado á fronte durante 25 minutos, pero os pilotos máis fortes do mundial cazárono e relegárono á sexta posición.

Cando menos, a Prado quédalle o premio de que foi o máis rápido na primeira volta grazas á súa explosividade e un quinto posto no global do Gran Premio. No mundial é cada vez máis líder Jeffrey Herlings, que co seu dobrete en Italia lle saca sesenta puntos a Antonio Cairoli.

Noticias web

06/09/2020