CRTVG

Buscar

PP e PSOE achegan posturas para pactar os presupostos andaluces

Publicado o 01/10/2021 20:31
PP e PSOE achegan posturas para pactar os presupostos andaluces

O Partido Popular e o PSOE achegan posturas para pactar os presupostos andaluces. Despois de reunise co presidente da Junta, Juanma Moreno, o líder socialista na comunidade, Juan Espadas, cre que o acordo é posible.

Os dous partidos coinciden na necesidade de blindar os servizos públicos e de equiparar os salarios de mestres e sanitarios coa media española. De confirmarse, suporía o primeiro pacto destas dimensións entre os dous grandes partidos nacionais no que vai de lexislatura. O achegamento coincide ademais cun arrefriamento das relacións entre o PP e VOX na comunidade.
 

Noticias web

01/10/2021