PP e Cs respectan a decisión, mentres Podemos cualifica a marcha de "fuxida indigna"
PP e Ciudadanos din que respectan a decisión de don Xoán Carlos e destacan o seu papel na consolidación da democracia en España.
Edmundo Bal, voceiro de Ciudadanos, asegurou ademais que o rei emérito "está á disposición da xustiza española e que colaborará, por suposto, coa xustiza española en todo o que lle reclame".
Dende o PP, Pablo Montesinos, amosou hoxe "todo o noso respecto á decisión do rei Xoán Carlos e nun día coma hoxe o que facemos é poñer en valor a súa figura, clave nunha España máis democrática, máis libre, na España constitucional".
Pola súa parte, Irene Montero, de Unidas Podemos, "cre que a fuxida de Xoán Carlos de Borbón é unha actitude indigna e o feito de que a propia institución a avale pon a monarquía nunha situación moi delicada".