CRTVG

Buscar

PP e Cs exhiben unidade en Andalucía: "Isto é unha illa fronte á inestabilidade"

Publicado o 10/03/2021 18:04

O presidente andaluz, Juanma Moreno (PP), e o vicepresidente, Juan Marín ( Cs), exhibiron esta tarde nunha comparecencia pública a unidade do Executivo de coalición e lanzaron unha mensaxe de estabilidade e de "tranquilidade" para toda a lexislatura tras as rupturas en Madrid e Murcia.

Os dous máximos dirixentes compareceron xuntos no patio do Parlamento andaluz, onde se celebra un pleno ordinario, e aseguraron que se trata dun Executivo sólido que ten como aspiración terminar a lexislatura a final de 2022, sendo "unha illa" dentro da "inestabilidade" e o "ruído" que hai en España, segundo o líder da formación laranxa. 

Noticias web

10/03/2021