CRTVG

Buscar

PP e Cs esixen a comparecencia no Congreso de Laya pola xuntanza con Picardo

Publicado o 24/07/2020 16:57

PP e Ciudadanos piden a comparecencia da ministra de Exteriores no Congreso para que explique a súa reunión co ministro principal de Xibraltar, Fabián Picardo. Arancha González Laya argumenta que foi unha reunión informal na que se falou das futuras relacións tras consumarse o brexit. Pero o PP considera a xuntanza un recoñecemento inadmisible de Picardo como interlocutor válido nas relacións de España co Reino Unido, e que rompe coa tradición diplomática de negociar directamente con Londres as cuestións relativas a Xibraltar.

Noticias web

24/07/2020