CRTVG

Buscar

PP e Ciudadanos negocian a estrutura do novo goberno en Andalucía

Publicado o 01/01/2019 14:55

O PP e Ciudadanos volverán reunirse esta semana para pechar un acordo sobre o novo goberno andaluz antes do 16 de xaneiro, a data prevista para a investidura do candidato popular, Juamma Moreno. De momento, traballan na estrutura do novo gabinete.

Coinciden na necesidade de fusionar áreas, reducindo o número de consellerías, e crear un instrumento que controle a xestión e eficacia das empresas e organismos públicos, que ademais someterán a auditorías. E unha vez acorden a forma do gabinete entrarán no repartimento de cargos, con nomes concretos. Comparten que o goberno estea composto a partes iguais por ambas formacións e, ademais, poderían incorporar algún independente.

Todo apunta a que se a presidencia é para o candidato popular a vicepresidencia será para o de ciudadanos, Juan Marín, que insiste en que Vox non vai entrar no goberno e aposta por dialogar con todas as forzas da Cámara para acordos puntuais. Se non hai sorpresas, a colación de centrodereita gobernará Andalucía despois de 36 anos de goberno socialista.

Noticias web

01/01/2019