CRTVG

Buscar

PP e Ciudadanos garanten un goberno estable en Castela e León

Publicado o 11/03/2021 13:44

O Goberno de Castela e León escenificou a súa unidade cunha comparecencia conxunta. Din que seguirán traballando como unha coalición cohesioanada e estable.

Rexeitan a moción de censura presentada polo PSOE e din que non sairá adiante. Precisaría tres votos de Ciudadanos e Igea garante que non haberá tránsfugas.

Súmanse así á mensaxe de estabilidade que deu tamén o Goberno andaluz, garantindo que rematará a lexislatura. E no ámbito local, tampouco haberá cambios no concello de Madrid.

Preséntanse como refuxio para a tranquilidade dos madrileños ante a incerteza política que se abre na comunidade.

Noticias web

11/03/2021