CRTVG

Buscar

PP e Ciudadanos cúlpanse mutuamente da ruptura dos pactos

Publicado o 11/03/2021 17:03

Pablo Casado e Inés Arrimadas coincidiron esta mañá nun acto en memoria das vítimas do terrorismo, pero nin se achegaron. A líder de Ciudadanos si asegura que falou onte con el para explicarlle a moción de censura en Murcia.

E nega un pacto máis amplo co PSOE. No PP non a cren e lánzanse a recrutar os dirixentes e votantes descontentos con Ciudadanos.

A un dos que pillou por sorpresa foi o deputado valenciano Toni Cantó, membro da executiva de Ciudadanos. Xa pediu unha reunión urxente.

Todos estes movementos mesmo poden traducirse en novas alianzas no Congreso dos Deputados.

Pero o certo é que un achegamento entre os socialistas e Ciudadanos levantaría receos entre os seus socios parlamentarios habituais.

Noticias web

11/03/2021