PP+Cs consegue outro escano por Biscaia tras recontar o voto emigrante
Publicado o 17/07/2020 16:44
O voto emigrante tamén é noticia no País Vasco. Despois de recontalo, a coalición do PP e de Ciudadanos conseguiu o último escano por Biscaia, que provisionalmente estaba en mans de EH Bildu.
Desta forma, os de Carlos Iturgaiz quedan con 6 deputados no Parlamento vasco e Bildu con 21.
En Álava e Gipúscoa poden cambiar de mans tamén outros dous escanos.