CRTVG

Buscar

Pouco ambiente festivo na Coruña nas festas de María Pita

Publicado o 03/08/2021 14:47

Discorre agosto e mantéñense os días grises na Coruña, no climatolóxico e no epidemiolóxico. Un panorama que pouco leva pensar que estamos no mes por excelencia da cidade, metida de cheo nas festas de María Pita. 

Con  272 contaxios novos nas últimas 24 horas, os casos activos volven subir  ata os 4091 polo que nada fai prever cambios nas actuais restriccións sanitarias. Medidas que colleron a algúns visitantes a contrapé e pasa factura.

Con todo, o sector hoteleiro mantén a súa ocupación arredor do 80 por cento, pero si se nota un freo nas reservas á espera de poder superar o pico desta quinta vaga. A área sanitaria da Coruña é única de Galicia que non restou infectados nin un só días desta quinta vaga da pandemia. 

 

Noticias web

03/08/2021