CRTVG

Buscar

Pouca afluencia na primeira feira do ano en Monterroso

Publicado o 01/01/2021 14:01

A primeira feira do ano en Monterroso estivo condicionada polo frío e iso que era a cuberto e, por suposto, polas limitacións antiCOVID, con presenza de moi pouco público xove e tamén escaseza doutra clientela.

Entre os titulares dos aproximandamente cincuenta postos de venda a avaliación da actividade era coincidente: 
"Hoxe vai moi tranquilo. Falta a xente nova que estes anos viña, mercaba a iso. Moi tranquilo. Tranquilo de máis. E moito frío, neve...".

"Viñemos ver se se podía facer algo de venda. Pero, nada. Non hia xente enon hai nada. MNon se vende nada. Traemos embutido, carne de porco. Todo de porco. Caseiro, eh".

Pero tamén encontramos quen botou en falto o seu posto de queixo. A señora di que ía por queixo, pero irase sen el, porque non está o vendedor que adoita traelo. A oferta de productos da feira do un en Monterroso inclúe unha variedade ampla de alimentos pruducidos na comarca.

Noticias web

01/01/2021