CRTVG

Buscar

Pouca afluencia na última xornada de vacinación nos sete campus universitarios

Publicado o 14/09/2021 15:07

Aos poucos ían chegando ata este Auditorio Vidal Bolaño situado no campus universitario de Santiago, onde este martes remata a vacinación sen cita previa iniciada na xornada de onte en que se vacinaron 269 persoas.

"Hoxe está sendo un pouco máis frouxiño , onte tivemos máis afluencia", di Fátima Dono, enfermeira encargada da coordinación.

A maioría dos que acoden son mozos que quedaron sen vacinar por estaren en corentena, estudantes doutras comunidades ou estranxeiros. Eu son estudante italiano aquí en Erasmus e ata o de agora non me chamaran para vacinar. Chegouume un correo da universidade avisando e aproveitei".

Coma eles poden acudir vacinarse todos aqueles que aínda non fosen citados.

"Estamos abertos desde as 9 da mañá ata as 8 da tarde en horario ininterrompido e pode acudir calquera persoa que teña ningunha ou unha dose", insiste Fátima Dono, enfermeira encargada da coordinación.

Para a xornada de hoxe contan con 1.200 doses listar para inocular. Maior afluencia de xente no centro de vacinación de O Gaiás onde hoxe están citados 2.500 menores con idades comprendidas entre os 13 e os 16 anos para recibir a segunda dose de Pfizer e completar a pauta de inmunización.

Durante toda a semana pasarán por ese centro de vacinación os nados entre 2005 e 2008. A partir do sabado é a quenda dos máis pequenos que de momento poden ser vacinados, os nados en 2009 e que xa cumpriran os 12 anos.

 

Noticias web

14/09/2021