CRTVG

Buscar

Varios postes de teléfono dificultan a circulación en Palmeira (Ribeira)

Publicado o 15/10/2019 13:38

Unha liña de cableado telefónico, no lugar de Insuela, na parroquia ribeirense de Palmeira, entraña un risco importante para os vehículos en circulación. Son sete postes de Telefónica que están situados na calzada da vía que dá a un hotel.

A posición destes paus adquire agora maior risco para a seguridade viaria pola caída da luminosidade e polo feito de que a renovación da calzada se presta a circular máis de présa.

O Concello pediulle o retranqueo dos postes a Telefónica en 2016, pero a multinacional non atendeu aínda un pedimento que secundan tamén os veciños.

Noticias web

15/10/2019