Posible veto de ERC ás contas do Goberno e emenda á totalidade de Ciudadanos
Publicado o 16/10/2021 21:39
O apoio de Esquerra Republicana aos presupostos do Estado está no aire. Oriol Junqueras lanzáballe unha mensaxe a Pedro Sánchez.
Desde Ciudadanos, Inés Arrimadas anunciaba que presentarán unha emenda á totalidade.
Pola súa banda, no PP aseguran que estamos ante os presupostos "da trampa e o malgasto". Cre que non van solucionar os problemas dos españois nin conseguir unha recuperación xusta, da que presume o PSOE no lema destes orzamentos.
Coinciden con Ciudadanos en que contemplan cifras ficticias de déficit e crecemento.