Portugal vacinará con Janssen só os maiores de 60 anos
Publicado o 21/04/2021 15:10
Portugal decide esta tarde a nova estratexia de vacinación agora que inocularán o antídoto de Janssen. O que si transcendeu é que terá límite de idade.
O comité clínico do Ministerio da Saúde reúnese esta tarde, pero xa se sabe que van recomendar administrar esta vacina só aos maiores de 60 anos. Portugal ten no seu poder 31.200 doses e antes do sábado van chegar 80.000 máis.
O Goberno portugués ten moitas esperanzas postas neste antídoto pola seu carácter de unidose e así darlle un impulso á vacinación, que atopou tantos problemas neste país. Nestes momentos, o 20 % dos portugueses recibiron polo menos unha dose.