CRTVG

Buscar

Portugal priorizará Janssen para vacinar os maiores de 60 anos

Publicado o 21/04/2021 21:00

Os veciños portugueses comunicaron hoxe a súa nova estratexia de vacinación, agora que se pode contar coa fórmula de Janssen. Esta mañá transcendía que Portugal aplicaría a vacina de Jansen só aos maiores de 60 anos.

Refírense a que vacinarán prioritariamente os maiores de 60, non porque pensen que é insegura en grupos máis novos. Como a de Jansen só precisa unha dose, queren así darlle un impulso á campaña na xente de mediana idade.

Tamén comunicaron que desde a semana que vén a xente con enfermidades mentais, diabetes e cancro terán prioridade para seren vacinados. Nestes momentos, o 20 % dos portugueses recibiron polo menos unha dose. 

 

Noticias web

21/04/2021