Portugal terá en breve o único viveiro de ameixa en mar aberto
Tras anos de investigación, o proxecto portugués dun viveiro de ameixa en mar aberto sae adiante e perfílase como todo un referente. Será un referente no sector, que fará medrar exponencialmente a importancia do marisqueo en Portugal, pero tamén un referente de sustentabilidade.
A empresa Océano Fresco logrou completar o ciclo de cultivo biolóxico da ameixa e agora están preparados para levar a semente a mar aberto. Será no Algarve, a cinco quilómetros da costa de Alvor.
O viveiro ocupa cen hectáreas e ten capacidade para producir 600 toneladas deste bivalvo.
As previsións son tan positivas que esperan facturar nove millóns en tres anos e 250 millóns para 2030.
O goberno luso aplaude este proxecto que porá no mapa o marisqueo portugués despois de centos de miles de euros en investimento en I+D.