CRTVG

Buscar

Portugal aproba o uso da vacina de Janssen en homes maiores de 18 anos

Publicado o 09/06/2021 14:57

En Portugal, cambian de estratexia para acelerar a vacinación e aproban administrar Janssen aos homes maiores de 18 anos. 

Ata o de agora a vacina de Janssen só era inoculada a homes e mulleres maiores de 50 anos, pero cambian de estratexia e Portugal convértese no primeiro país en aprobar a administración a practicamente todos os homes.

As mulleres continuarán sendo vacinadas só se teñen 50 anos ou máis, seguindo os criterios médicos que en Portugal non llo aconsellan a este grupo de cidadáns. Iso si, dende a Dirección Xeral da Saúde aclaran que se hai mulleres menores de 50 que prefiran Janssen, poderán recibila asinando un consentimento informado. 

Noticias web

09/06/2021