Portugal subirá os impostos vencellados coa compra e posesión de vehículos
Publicado o 13/10/2021 16:29
Nos novos orzamentos do Estado reflíctese unha suba no imposto sobre vehículos, no de circulación e por outro lado tamén se notará na penalización fiscal por mercar un coche diésel. Esta última, unha medida con vontade ecoloxista, pero que os defensores do medio ambiente consideran insuficiente, mentres que as asociacións de consumidores din que son todas medidas abusivas para o usuario medio
E mentres, o combustible segue subindo. Levan máis de 30 incrementos no que vai de ano, o que empurra, como saben, ao portugués da raia a ir botar carburante a Galicia, onde é ata un 15 % máis barato.