CRTVG

Buscar

Portugal seguirá pedindo certificado covid en hoteis

Publicado o 29/07/2021 21:13

O Goberno portugués definiu este xoves como serán as fases de cara á total eliminación das restricións. Polo de agora pouco cambian as cousas, pero si hai detalles que temos que ter en conta se visitamos o país veciño.

Agardábase unha apertura maior para este vindeiro 1 de agosto, pero o Goberno luso vai desescalar moi lentamente. Deste xeito, as novidades se van visitar Portugal: certificado covid obrigatorio en todo tipo de hospedaxe e tamén no interior dos restaurantes nas fins de semana. A hostalería abre sen restrición de horario.

A máscara mantense ata principios de setembro e non será ata mediados de outubro cando abran as discotecas, unha liña de meta que marcou António Costa desde o inicio da pandemia ao afirmar que eses locais só abrirían cando estivese todo o mundo vacinado.

Noticias web

29/07/2021