CRTVG

Buscar

Portugal recupera os voos co Brasil e co Reino Unido

Publicado o 16/04/2021 20:58

Portugal recupera a conexión aérea co Reino Unido e O Brasil. Dous países cos que ten moito contacto, pero cos que tivo que suspender os voos por causa das variantes do coronavirus. 

Desde mañá os voos esenciais ao Brasil e ao Reino unido volverán aos aeroportos portugueses e Alemaña, pola súa parte, acaba de incluír Os Azores e O Algarve como zonas de risco pola súa incidencia próxima aos 500 casos por cada 100.000 habitantes. Isto é un golpe duro para a recuperación do turismo nestas zonas porque os alemáns que regresen ao seu país terán que facer unha corentena.

Mentres, por terra, esta fronteira continuará pechada ata o día 30 deste mes polo menos e, se se procede dun país cunha incidencia alta, como Francia ou Italia, requirirase unha PCR negativa. Portugal continua con bos datos no conxunto do país pero hoxe sóubose por un estudo que só o 17 por cento dos cidadáns ten inmunidade ante a covid-19. 

Noticias web

16/04/2021