Portugal recorda o inicio da pandemia, cando conseguiron conter a primeira onda do virus
Publicado o 12/03/2021 16:44
E mentres que España e Galicia pasaban hai un ano por unha das peores situacións da pandemia en Europa, os nosos veciños portugueses vivían case a alleos ao que acontecía.
De feito, fai xusto un ano, o 12 de marzo, a TVG estaba informando no Porto aínda do primeiro gromo de coronavirus no país, cando en Madrid a Sanidade estaba a piques de colapsar.
Durante a primeira onda os portugueses fixéronse famosos en todo o mundo porque se autoconfinaron case unha semana antes de que o seu Goberno llelo pedira. Se xa apenas tiñan casos conseguiron conter o virus ata que todo estoupou despois do Nadal.
Tamén se fixeran moi coñecidas as mensaxes de apoio dos diferentes partidos políticos ao Goberno para saíren xuntos da pandemia.