Portugal rebaixará un 50 % as peaxes das autovías
Publicado o 20/05/2021 21:23

Portugal rebaixará por terceira vez en dez anos as peaxes nas súas autovías. Desde xullo serán un 50 % máis baratas. Isto beneficia os galegos que visiten o país veciño, porque hai dúas autovías que conectan coa fronteira.
O Goberno socialista de António Costa toma esta decisión despois da presión recibida por parte de cidadáns e empresas. Tamén da oposición, que levou a proposta ao Parlamento.