CRTVG

Buscar

Portugal quere colaborar co proxecto da fábrica de baterías para automoción que promove Vigo

Publicado o 02/04/2021 15:03

Portugal segue con atención a iniciativa que o Consorcio Zona Franca xa trasladou ao Goberno para optar a unha fábrica de baterías eléctricas cos Fondos Next Generation. O Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía, con sede en Braga, está interesado en participar neste proxecto, atraído polas cifras: un investimento de 152 millóns de euros para producir unas 300.000 baterías ao ano, e a creación e mil empregos directos e 8.000 indirectos. O instituto, con representantes dos gobernos español e portugués, quere colaborar buscando apoios, e dar un paso máis, creando un Clúster de Baterías na rexión transfronteiriza. Unha iniciativa que pode competir co proxecto público privado que vai impulsar a fábrica de baterías de Martorell.

"Vemos posible máis dun proxecto na Península Ibérica", indica David Regades, delegado do Consorcio da Zona Franca.

De Vigo saen o 25 por cento dos coches de España, e o futuro pasa polo vehículo eléctrico, así que a fábrica de baterías fortalecería o sector da automoción no noroeste.

"Hai que atraer novos investimentos, como a fábrica de baterías e mesmo de microchips", comenta Enrique Mallón, secretario xeral da Asociación de Industrias do Metal. 

O sector dá unha cifra: en España fabricaranse un millón e medio de coches eléctricos en 2030. Isto daría carga de traballo para dúas ou tres fábricas de baterías no país, e ahí é onde quere situarse Vigo.

Noticias web

02/04/2021