Portugal protexe o Camiño de Santiago no Alentexo
Publicado o 17/03/2021 21:28
Portugal dá un paso máis no seu compromiso co Camiño de Santiago e certificou por lei o percorrido xacobeo polo Alentexo.
O Goberno portugués comprométese a impulsar e protexer o Camiño de Santiago nesa rexión do país, no Alentexo. Espérase que co tempo ese apoio se estenda ao resto de rutas que desembocan na fronteira e que pasan xusto pola catedral do Porto.
Este camiño, desde esta semana protexido e certificado, ten 435 quilómetros e 19 etapas. Comeza no Algarve e remata en Tomar e Castelo Branco. Agora Portugal garante un itinerario ininterrompido, unha xestión responsable e a posta en valor do patrimonio xacobeo.