Portugal prorroga o peche das fronteiras 15 días
Publicado o 16/04/2021 08:19

As fronteiras portuguesas continuarán pechadas. Portugal aprobou unha nova prorrogación do estado de emerxencia ata o 30 de abril, o cal supón manter o peche das fronteiras terrestres.
Desde o mes de febreiro só se poden mover os traballadores transfronteirizos. A situación epidemiolóxica mellorou e xa empezou a desescalada, pero o país mantén a prudencia.