CRTVG

Buscar

Portugal prorroga o estado de emerxencia ata o día 17

Publicado o 03/04/2020 09:37

Os gobernantes de Portugal amplían as restricións da mobilidade para facer fronte ao coronavirus.
Ademais do confinamento vixente, desde o xoves que vén ata a noite do luns estarán pechados os aeroportos para evitar a entrada e saída de viaxeiros pola Semana Santa.

O presidente da República, Rebelo de Sousa, anunciou que o estado de emerxencia se prolonga ata o próximo día 17.

Na Semana Santa os cidadáns tampouco poderán saír do termo municipal en que viven, agás que certifiquen motivo de traballo.

A COVID-19 ocasionou máis de 9.000 casos de contaxio e 209 falecidos en Portugal. O presidente da República xustificou as novas limitacións con que axudarán a poñer a salvo decenas de miles de vidas.

Noticias web

03/04/2020