CRTVG

Buscar

Portugal prolonga 15 días o estado de calamidade

Publicado o 14/05/2021 15:05

Portugal prolonga quince días, ata o 30 de maio, o estado de calamidade. A decisión non afecta as fronteiras con España, abertas xa á libre circulación, pero si implica que se manteñen as restricións para entrar no país por vía aérea. Só se pode viaxar en avión a Portugal por motivos xustificados e con PCR previa. Isto afecta, entre outras, as reservas dos turistas británicos, que contaban con poder viaxar a partir deste domingo, cando inicialmente ía rematar o estado de calamidade.

Noticias web

14/05/2021