CRTVG

Buscar

Portugal prioriza a conexión ferroviaria con Galicia sobre o tren con Madrid

Publicado o 03/05/2021 21:28

Para o Goberno portugués a ligazón por tren entre Madrid e Lisboa non é unha prioridade. Hoxe o ministro de Asuntos exteriores do país luso afirmou que teñen antes como prioridade a conexión con Galicia, afianzando o compromiso coa eurorrexión.