Portugal prepara descontos para tratar de dinamizar o turismo no país
En Portugal tamén sofren os efectos da pandemia no turismo, así que as autoridades buscan a forma de alimentalo, con descontos e outros plans.
Teñen que facer algo, o sector é consciente de que o esforzo de profesionalización feito estes últimos anos ten que aproveitarse, e tanto restaurantes como hoteis preparan descontos para os que visiten Portugal.
O Goberno apoia totalmente este espírito e xa anunciou unha partida orzamentaria para cubrir parte deses descontos que os hostaleiros van ofrecer e que os galegos, pola proximidade, seremos dos que máis nos poidamos beneficiar.
Aínda non está definido como se presentarán estas ofertas turísticas, pero a administración tamén quere que se estenda a transporte e cultura e continuarán apoiando a liquidez e a exención de impostos das empresas mentres dure a pandemia.