Portugal permitiralles aos homosexuais doar sangue
Os homosexuais non poden doar sangue en Portugal, pero o Parlamento vai acabar con esta discriminación. Ademais, farano con total unanimidade.
Mañá os colectivos LGTBI alcanzarán en Portugal unha reivindicación histórica para que esta discriminación non estea adscrita a unha lei. Segundo estudos científicos de recoñecemento mundial, hai cinco anos que a Dirección Xeral da Saúde daba a orde de que se permitise aos homosexuais doar, pero dende aquela sucedéronse as denuncias a doutores que preguntaban pola orientacións sexual, unha práctica de dubidosa constitucionalidade segundo o colectivo, e despois negaban a posibilidade de doar.
Mañá a Asemblea da República aprobará catro modificacións que colocarán a Portugal na liña que piden dende a Unión Europea.