CRTVG

Buscar

Portugal permite escoller se recibir a segunda dose de AstraZeneca

Publicado o 04/05/2021 15:10

España aínda non decidiu que vai facer coa segunda dose dos que recibiron a primeira inxección de AstraZeneca, pero xa sabemos a opción de Portugal: o Goberno luso vai deixar en mans dos propios cidadáns a decisión de recibir a segunda dose dese mesmo laboratorio ou doutro. Serán os menores de 60 anos os que poidan optar a esta posibilidade.

Á espera de estudos científicos que acheguen resultados claros sobre AstraZeneca, o Goberno luso decidiu que sexan os ciadáns os que digan se queren unha segunda dose de AstraZeneca ou prefiren esperar a que se lle poida dar a fórmula doutra marca. Como en Galicia, os menores de 60 anos que xa recibiron a primeira dose de AstraZeneca son, sobre todo, sanitarios e profesores. A decisión, que sorprende, non tivo gran crítica por parte dos portugueses, aínda que si hai voces médicas que non están convencidas por non estar apoiada con estudos científicos.