Portugal pecha as escolas e suspende as visitas a hospitais e residencias de maiores en dúas localidades do distrito do Porto
Publicado o 10/03/2020 10:59
A maioría dos 32 casos positivos de coronavirus de Portugal rexistráronse no norte do país, sobre todo nas comarcas de Felgueira e Lousada, no distrito do Porto.
As autoridades pecharon as escolas e suspenderon as visitas a hospitais, residencias de maiores e prisións da zona.
Outros lugares públicos como ximnasios, bibliotecas e cines tamén pecharon e as autoridades pedíronlle á poboación que evite os desprazamentos innecesarios e participar en reunións cun elevado número de persoas.
A compañía aérea portuguesa TAP cancelou 3.500 voos entre marzo e maio por mor da caída de reservas polo coronavirus.